
A obra de Talía Teatro trataba sobre os diferentes usos que se lle dá á lingua galega.
Na primeira historia un señor chamado José quere cambiar o seu nome para o galego pero o señor que o atende é castelán falante e dille que non o cambie. Ao final da conversa José dáse conta de que se confundiu de número de porta e que para cambiar o nome precisaba falar con outra persoa.
Na segunda historia dúas mulleres encótranse na parada do autobús cos seus bebés. Entre elas falaban galego e cos seus bebes falaban en castelán.
A terceira historia trata dunha lingua que está enferma e intentan resucitala introducíndolle adjetivos,verbos... etc e a lingua está entre a vida e a morte e o final morre.
A min a obra de teatro parecéume interesante porque nos fan ver que cada vez o galego o fala menos xente.