Uxío Novoneyra foi un escritor e poeta. Naceu en Parada de Moreda, no Courel en 1930 e morreu en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. É fillo dunha familia de labregos.
No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. En 1974 publica Letanía de Galicia e outros poemas. No comezo da década dos anos 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán. O Libro do Courel publicado en 1981, terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario